Don Baltasar
"O amigo dos nenos", cheo de celo apostólico, dedicou a súa vida a difundir o amor a Cristo, a María , á Igrexa, aos pobres.
En 1955, estendeu o seu Instituto a Uruguay e Venezuela, facendo chegar a súa acción social e humanitaria a aquelas terras irmás.
Don Baltasar descansou na paz do Señor o 3 de marzo de 1963, manifestando
o seu desexo de quedar entre os nenos. O seu sepulcro está na capela de A
Grande Obra de Atocha de A Coruña; este desexo está escrito na lápida, é di:
Quérome quedar entre os menos para seguir facendo cada día a visita
diaria a Xesús Eucaristía.
A vida de Don Baltasar segue fluíndo dun xeito palpable por corredores de A Grande Obra. Todos desexan que este gran home teña o recoñecemento que merece, por iso, o 18 de Novembro de 1996 iníciase en A Coruña o proceso para a "causa de canonización" de Don Baltasar . O 10 de maio de 2012 foi declarado
Venerable na igrexa católica.
Algúns dos seus pensamentos:
- A educación é a máis nobre das empresas e o mellor ben que se pode facer ao home.
- Para gañar ao pobo hai que dar antes que nada corazón e despois todo o que se poida.
- Unha mirada doce para o neno, a palabra de cariño ao enfermo e as accións humildes practicadas co pobre, serán sempre o mellor tesouro de A Grande Obra.
- Poderán os homes esquecer o ben que se lles fai, pero as obras feitas por caridade, xamais caerán no esquecemento.
- A obra de Atocha é grande porque é dos nenos.