TRAZOS QUE DEFINEN O NOSO COLEXIO
O SEU PROXECTO EDUCATIVO
O Colexio Plurilingüe Nosa Señora do Rosario en Arzúa, pertencente á LA GRANDE OBRA DE ATOCHA, declárase colaborador destes tres axentes principais da educación: a FAMILIA, a SOCIEDADE e a IGREXA CATÓLICA.
Por iso, preséntase con claridade e sen equívocos, como COLEXIO CONCERTADO CATÓLICO. A elección do noso Colexio por parte dos pais implica, tanto para eles como para os seus fillos, un compromiso cos principios que o inspiran.
Porque queremos ser fieis á Pedagoxía do noso Fundador o Venerable BALTASAR PARDAL VIDAL, queremos: Educar é evangelizar, mediante un estilo propio.
Dentro desta misión é elemento esencial a formación de fogares eminentemente Eucarísticos e Marianos.
Ofrecemos unha educación axustada ás esixencias do mundo de hoxe, de CALIDADE e EQUIDADE, inmersa na utilización e formación das novas tecnoloxías, impregnándoa de formación en valores evangélicos estruturados coherentemente.
Caracterizámonos polo clima de alegría, de familia, con calor de fogar, de gratuidade, de amizade, de traballo e disciplina, de sinceridade. Seguindo os desexos de Don Baltasar, o noso Fundador, a nosa educación dedicarase preferentemente aos pobres e necesitados cultural, espiritual e materialmente.
Queremos que no noso Colexio eduque: en xustiza e para a xustiza, en paz e para a paz, en liberdade e para a liberdade, en traballo e para o traballo, en fraternidade e para a fraternidade, en inclusión e para a equidade. Queremos educar coa vida e para a vida. Queremos que o noso Centro estea aberto ás necesidades da Comunidade: culturais, de amizade, de reflexión e de formación, misioneiras e de evanxelización.
A educación no noso Colexio queremos sexa impartida como un compromiso de servizo á sociedade e como vínculo de aprendizaxe tanto para os alumnos coma para os profesores e o persoal de sevizos e familias.
O NOSO COLEXIO: “CASA DE EDUCACIÓN”
Satisfacer as necesidades reais dos alumnos e familias, afrontando os retos que nos proporciona a sociedade actual e as novas tecnoloxías.Axudar a descubrir unha auténtica xerarquía de valores que de sentido á vida.
Crear un espazo comunitario, fraterno, aberto a todos, especialmente aos máis desfavorecidos, no que se respecten as diferenzas de sexo, raza, relixión, opinión, familia…, sempre aberto á TRANSCENDENCIA.
Ademais, queremos que o noso Colexio percíbase na nosa contorna, como “Unha CASA DE EDUCACIÓN”, na que toda a Comunidade Educativa sexa coherente, activa, integradora, fraterna, e na que todos podamos sentir e vivir que as nosas expectativas persoais crecen, sendo un referente positivo para a nosa sociedade, promovendo de forma especial, segundo nosa propio Carisma e identidade:
co fin de propiciar un espazo no que aprendamos a vivir a xustiza e o respecto mutuo, dentro dun SISTEMA DE CALIDADE e EQUIDADE adaptado ás novas necesidades e realidades educativas e sociais.
Temos presente que a TESTEMUÑA, REFLEXIÓN e a INTERIORIZACIÓN do que se ensina é o mellor procedemento para ENSINAR EDUCANDO.
“Nada debe facer o educador que non o poida facer tamén o alumno” “O neno será o libro onde o mestre descubrirá o que debe ensinar e aprender” (Venerable Baltasar Pardal Vidal – Fundador)
CULTURA ORGANIZATIVA
A cultura organizativa define o estilo de vivir e convivir dentro dos nosos equipos e Comunidades, o noso estilo de traballo, a nosa forma de afrontar os conflitos, de tomar decisións, o noso estilo pedagóxico, os nosos métodos, as nosas formas e a nosa estética. Por iso optamos por:AOS PAIS DOS NOSOS ALUMNOS
Son as palabras do noso fundador, Venerable Baltasar Pardal as que resumen o fundamental do noso ser e agradecemento: TODOS OS QUE FORMAMOS A GRANDE OBRA DE ATOCHA, EN CALQUERA LUGAR DO MUNDO, SOMOS FAMILIA UNIDA ENTORNO AO NENO XESÚS DE ATOCHA.
“É unha gloria e singular satisfacción das Fillas da Natividade de María, que por efecto da súa vocación ofreceron e sacrifican a súa vida nas escolas de “A Grande Obra de Atocha”, o manter íntimo contacto e correspondencia cos pais que lles confían aos seus fillos para a súa formación e educación.(…)Baixo a doce mirada do noso NENO PRECIOSO, amo e fundador da Obra de Atocha, todos unidos nun ambiente familiar xunto ao Sagrario, que resume e vivifica todos os nosos ensinos, con alegre perseveranza alcanzaremos o fin altísimo da educación cristiá, que ten por centro a FAMILIA. A todos e cada un o meu cordial saúdo e sincera gratitude”. (Venerable Baltasar Pardal Vidal – Fundador)